jueves, 25 de mayo de 2017

Top 5 lugares de interés de Venezuela

TOP 1
SALTO ÁNGEL
Salto Ángel é o salto de auga mais alto do mundo, consta dunha altura de 979 metros, o salto iniciase en Auyantepuy ubicado no Parque nacional Canaima. É un espacio natural protexido e declarado patrimonio da humanidade. O nome da caida (Salto Ángel) debese á proposta dun venezolano en honra do aviador estadounidense Jimmie Angel.Unha viaxe cara as cataratas non é unha cuestión sinxela, xa que a zona está illada por selva pecha, e os tepuis fan a navegación aérea perigosa. Pódese chegar á rexión por un vo de avión desde Caracas.





TOP 2
PARQUE NACIONAL MORROCOY
O parque esténdese por amba-las dúas áreas terrestres e acuáticas do Golfo Triste, contén unha área de mangue e moitos illotes e arrecifes con espectaculares praias de area branca e baixa.
Morrocoy National Park ten unha ampla gama de posibilidades ambientais e paisaxes naturais; xunto con escenas de paisaxe extraordinarias que caracterizan cada un dos lugares que compoñen o parque, ricos en biodiversidade e beleza.



TOP 3
GRAN ROQUE
É unha illa do Arquipiélago de “Los Roques” que posúe 1,7 km² de extensión, onde reside a maior parte da poboación do conxunto de illas e das Dependencias Federais de Venezuela.
O xeito máis doado e rápido de chegar é polo aire. “Los Roques” é un "parque nacional".
Gran parte das rúas de Los Roques están feitas de area, o que explica o gran número de persoas que camiñan descalzas. Outra actividade é subir ao faro, que ofrece unha visión ampla da illa e as súas praias.


TOP 4
PLAYA EL YAQUE
Playa El Yaque é o nome dunha praia venezolana coñecida internacionalmente como un dos mellores lugares do mundo, con condicións ideais para a práctica de windsurf e kitesurf, atrae fans de todo-los países, especialmente de Europa. Playa el Yaque ten unha gran variedade de hoteis, tendas e restaurantes preto da praia, así como moita diversidade de instalacións ou equipamentos deportivos.


TOP 5
PARQUE NACIONAL MOCHIMA

Parque Nacional Mochima é un parque nacional que está situado entre os estados de Sucre e Anzoátegui no leste de Venezuela. Foi declarado como tal o 19 de decembro de 1973. Parque Nacional Mochima é ideal para deportes acuáticos, como submarinismo e vela, grazas ás augas quentes do Mar Caribe, hai unha serie de praias con accesos por estrada Arapito Beach e Playa Colorada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario